Amigas mecenas! Xa está aquí o Delas Fest 2020!
Do 24 de agosto ao 20 de setembro, o primeiro festival feminista de arte urbana e contextual de Europa volve tomar as rúas da comarca compostelá cun programa de actividades composto por:
- Catro intervencións artísticas, que levarán a sinatura de Lidia Cao (Galiza), Fitz Licuado, do Colectivo Licuado (Uruguai); Xoana Almar, de Cestola na Cachola (Galiza); e Susana Blasco (Aragón);
- Catro obradoiros de creación mural e grafiti , impartidos por Dúo Amazonas (Arxentina / Colombia); Lupita Hard (Galiza) e a equipa 7H;
- A xornada de análise e creación colectiva en clave de xénero Muller e Cultura Urbana, enmarcada no Fondo de Proxectos Culturais Xacobeo 2021 da Xunta de Galicia e integrada por sesións de faladoiros e debate, unha jam de improvisación pictórica e un concerto;
- Encontros de convivencia entre creadoras e asociacións, colectivos e entidades veciñais.
Grazas ao apoio dos Concello de Santiago, Ames, Teo e Brión; aos patrocinios de Cuarto Pexigo, Fundación Didac, Montana Colors, Gadis e Ibersa;; á colaboración da Cidade da Cultura e, por suposto, ás doazóns das 387 mecenas que participastes no crowdfunding por facer esta nova edición posible!
Máis información en https://7hcoop.gal/delasfest/ e 7hcoop@7hcoop.gal