Mil grazas á querida Teo por integrarse na forza e enerxía colectiva que, en forma de doazóns, azos e colaboracións van dar vida ao Delas Fest 2020. Como lembra a responsable de Do Paraná Espazo Serigráfico, a escola-obradoiro de artes gráficas máis bonita de Compostela e, ademais, un espazo referencial na aprendizaxe baseada na tradición formativa dos oficios, a beleza está nas rúas e o mecanismo para axudar a creala no crowdfunding de Goteo!
Xa só quedan 7 DÍAS e rozamos os 11.000 euros. Unha cantidade realmente emocionante, dadas as difíciles circunstancias e as incertezas que nos atravesan a todas, pero que aínda resulta insuficiente para cubrir todos os custos do festival!