XXI Festas do Barrio de San Pedro

Header image
Watch video
  • Location Santiago de Compostela, Galicia, España
2Round Remaining 38 days
In progress! Now 4 the optimum
Received
€ 5.872
Minimum
€ 4.999
Optimum
€ 7.999
162 Co-financiers
Channel
  • Contributing € 10

    Vai ferver a rúa de San Pedro... 🎉

    É a túa aportación a que fai que todo se poña en marcha! Así é como comeza todo: coa túa semente, que fará florecer o barrio 💐💐 Grazas, grazas e mil grazas, xa tes a chave do noso corazón! 🗝️💓

    (E cabezude da foto podes ser ti! Pasándoo que flipas!)

    Por cada 10€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 8€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 33 Co-financiers
  • Contributing € 25

    Mr Wonderful de Barrio 🍭

    Incluso a mellor xentiña, coma ti, precisa un pequeno empurrón diario para seguir con esta vida que ás veces nos leva por diante… Pero coa rede de coidados no Barrio e unha mensaxe diaria de motivación, durante unha semana, poderás con todo!! Es e mellor, ti podes! 💌

    P.D.: Precisaremos os teus datos para saber cómo contactar contigo!

    Por cada 25€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 20€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo.. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 44 Co-financiers
  • Contributing € 35

    Por ter aportado, aquí tes un pareado 💓

    Grazas mil pola túa axuda sincera, con 35 euros, a festa será mais festeira.
    O noso barrio brilla grazas a ti, xuntis faremos que isto sexa un festín. (Ese vai de agasallo!). 🎁

    Escolle unha palabra, un tema especial,
    E faremos un pareado, será algo inmortal! (Este tamén xa para ir abrindo boca) 🙀

    Para enviar o pareado, necesitaremos os teus datos,
    Para que che chegue sen contratempos nin aparatos. (Tres pareados xa de agasallo! Estamos que lo tiramos!)

    ✏️✍🏻✒️🖋️

    Por cada 35€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 28€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 13 Co-financiers
  • Contributing € 35

    San Pedro viaxeiro 🚄🌏

    A pesar de que amamos o barrio, a todas nos gusta un bo descanso lonxe da casa... e San Pedro non ía ser menos! E trouxo... POSTAIS💌

    Apostamos por viaxes sostibles, en transporte pública e sen contaminar sempre que se poida, priorizando ir visitar persoas que fican lonxe, intercambios de casa, tentando molestar o menos posible aló onde imos, e apreciando linguas e culturas desde o respecto e a curiosidade! 💓

    San Pedro seguiu todas as boas prácticas viaxeiras, e trouxo postais de recorodo! Se queres unha enviada á túa caixa de correos, aporta e comparte!

    P.D.: Precisaremos o teu enderezo para poder facelas chegar!

    Por cada 35€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 28€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers
  • Contributing € 50

    Que é poesía? 💌

    Poesía es ti, que nos axudas cas festas 🏠 Recibirás un poemiña ou haiku cando todo o torbellino das festas remate. Gózao!

    Ca túa aportación poderemos recompensar de maneira adecuada a todas as persoas que acudirán a facer actividades! O bo traballo tamén se paga 😉

    P.D.: Precisaremos os teus datos para saber cómo contactar contigo!

    Por cada 50€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 40€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 20 Co-financiers
  • Contributing € 75

    O barrio florece 🌷🌷

    Todes temos dereito a desfrutar dun bó descansiño, por veces, fóra da casa e do barrio! Pero claro, ese ficus e esa monstera que quedan na casa… Ai.

    Non te preocupes! O barrio está aquí para axudar 🦸🏻‍♀️🦸🏻‍♀️ Regámosche as prantas durante 7 días durante as vacacións (sostibles)! Precisaremos da túa da chave do teu corazón e do teu fogar, teno en conta!

    P.D.: Esta recompensa poderá ser canxeada durante o ano 2024.
    Precisaremos os teus datos para saber cómo cadrar contigo!

    Por cada 75€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 60€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 04 Co-financiers
  • Contributing € 100

    Premio Récord FBSP a Mellor Guía da Conga das FBSP

    As persoas que colaborados sodes as nosas guías espirituais e morais... pero ti serás a guía literal, porque liderarás a conga máis chula do mundo durante a vermú (ou en calquera momento que nos pete)! Se che gustaría ser prota durante uns minutos ou simplemente che fai super ilusión, nós encantades de que nos leves cara adiante! Avante toda camarada! 👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻👉🏻

    P.D.: Esta recompensa poderá ser canxeada durante as festas de 2024 ou 2025.
    Precisaremos os teus datos para saber cómo cadrar contigo!

    Por cada 100€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 80€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 02 Co-financiers
  • Contributing € 150

    Domotiza a túa casa con Antonio💡

    Isto é xenial, acabas de gañar no bingo da vida un obradoiro de domótica de andar por casa co mesmísimo Antonio!! 🙀💓 O Papá Noel oficial do barrio e das mellores persoas que atoparás, ensinarache a controlar a túa casa por voz ou de maneiras misteriosas que nós (aínda) non coñecemos. QUE SORTE A TÚA!!

    P.D.: Esta recompensa será canxeada en grupo co resto de persoas que teñan aportado para esta recompensa (que esperamos que sexades moites), durante o ano 2024. Precisaremos os teus datos para saber cómo cadrar contigo!

    Por cada 150€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 120€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo. Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 03 Co-financiers
  • Contributing € 200

    O barrio é teu 🎤

    Seguro que tes moito que dicir por esa boca! E por iso, por ser un pilar do barrio, mereces ter o micro durante 1 minuto durante (ou despois ou antes) algún dos espectáculos. Dedica unha canción, da as grazas aos teus fanses, relátanos a receita da túa mítica empanada… A vida é túa! 🗝️

    P.D.: Esta recompensa poderá ser canxeada durante as festas de 2024 ou 2025.
    Precisaremos os teus datos para saber cómo cadrar contigo!

    Por cada 200€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 137.5€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
  • Contributing € 300

    Traemos o mar ao Barrio de San Pedro 🌊🌊

    Somos moi afortunadas de que San Pedro teña unha pequena casiña ao pé do Monte Louro, e convídache a visitalo alí, preto do ceo 🥰🌊 Non só compartirás con nós unha comida alí, senón que o mesmísimo cabezudo de San Pedro, o noso querido Duarte, fará unha fideuá (quizais removerá o caldo ca chave do ceo, quizais non). Non se nos ocorría un mellor plan, porque desfrutar dunha comida en comunidade, cunha fideuá diante, é o que máis nos mola 🍛

    P.D.: Esta recompensa será canxeada na primeira quincena do mes de agosto de 2024. Precisaremos os teus datos para saber cómo cadrar ben contigo!

    Por cada 300€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 172.5€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 01 Co-financiers
  • Contributing € 500

    Non serás ti San Pedro! 🧔🏼🧔🏼🧔🏼

    Non hai nada que pague a túa aportación. Que dicir? Se estás a facer semellante aportación desinteresada e solidaria, sabemos que todo o que queres a cambio é que dinamicemos o noso barrio, creemos nel espazos amables e para todes, e o pasemos moi ben 💓 Tes a porta aberta da Comisión (sen facer casting) e do barrio cando queiras 💓🗝️

    Por cada 500€ que achegues, a Axencia Tributaria devolverache 242,5€ ao facer a Declaración da Renda. Anótao no teu calendario para non esquecelo Máis info: https://www.goteo.org/calculadora-fiscal

    > 00 Co-financiers
June
25

🎪 P͟͞R͟͞O͟͞G͟͞R͟͞A͟͞M͟͞A͟͞C͟͞I͟͞Ó͟͞N͟͞ ͟͞P͟͞O͟͞R͟͞ ͟͞D͟͞Í͟͞A͟͞S͟͞🎪

🎪 P͟͞R͟͞O͟͞G͟͞R͟͞A͟͞M͟͞A͟͞C͟͞I͟͞Ó͟͞N͟͞ ͟͞P͟͞O͟͞R͟͞ ͟͞D͟͞Í͟͞A͟͞S͟͞🎪
Gárdaa ben, porque esta publicación é a fonte da eterna Festa do Barrio de San Pedro! ⛲
Se nos organizamos podemos ir a todo:...

[Read more]
June
24
Gracias a todos y todas. Seguimos en Goteo en segunda ronda, ¡a por el óptimo!
June
22
No ha sido fácil, pero misión cumplida con el objetivo de financiación. ¡Muchas gracias!
June
21

TRAEDE O VOSO COPO DA CASA!

📣📢 Bos días veciñes 📢📣
Por motivos loxísticos os copos retornables de este ano quedarón secuestrados en Madrid e non van estar a tempo para a sardiñada de San Xoán 🏴‍☠️🥹
Queremos pedirvos un Favor de Barrio: a máxima...

[Read more]
¡Emoción! 3 últimos días para donar en Goteo. Mira quién lo ha hecho ya (clic).
June
20

XA TEMOS PROGRAMACIÓN!!! (por fin 😊)

😎 Olla ben, que vimos cargadis de actividades!
Seis días de música, danza, teatro, obradoiros, lectura, cinema, memoria, ciencia… e Amor de Barrio 🔑🏘️💗
🎪 Se pasades polo local poderedes recollelo en papel (ides levar unha...

[Read more]
June
19

Xa recende a sardiña no pan, por alí ven o verán…

Xa recende a sardiña no pan,
por alí ven o verán…
Precisamos mans e xente chula para colaborar!
Que podedes facer dende xa?
💟 quenda no local das festas
🔥 barras de San Xoán
Anotádevos!!!
https://forms.gle/3mWtzPkby2ErxB7V8

[Read more]
June
18
Muy cerca del objetivo en Goteo, ¡aporte a aporte!

O local da comisión abre hoxe!

👗 San Pedro Fashion Week 👗
Xa temos camisola sideral das festas deste ano co deseño de Sol Alvarez Soto.
Onde podedes mercala? O local da comisión abre hoxe!!! Merchan, botar un conto…colaborar en xeral!
🕢 12h a 14h...

[Read more]
June
17
Casi somos 100, ¿te animas a llegar a esa cifra?
A una semana de llegar al mínimo que necesitamos, si aún no has aportado, ¡ahora es el momento!
June
14

✨Atención, esta vai para as Asociacións! 🥳

Queremos convidarvos a todas aquelas entidades que teñades ganas de darvos a coñecer e partillar o día con nós nas Festas do Barrio 🏘️

📅 29 de XUÑO (sábado das Festas)
🕚 Horario do espazo: 10:30 a 21:30h (podedes estar...

[Read more]

Quedan só 10 días para chegar ao mínimo 💧

TIc Tac Tic Tac 💧 Quedan só 10 días para chegar ao mínimo e necesitamos chegar a todas as persoas que habitan e comparten o amor polo vida de Barrio 🤩 Porque ante a subida dos alugueiros, a turistificación e os intentos...

[Read more]
June
13
Llegar hasta aquí ya tiene mérito: ¡50% de recaudación superado!
June
04
Hace 20 días que empezó el crowdfunding, pero ¡no solo necesitamos dinero!
June
03

Comercios, negocios e establecementos que Fan Barrio os 365 días do ano 💟

Mercas no Comercio do Barrio? Seguro que Si!

Esta mensaxe está pensada para o Comercio de Proximidade, para os negocios e establecementos de hostalería que Fan Barrio os 365 días do ano 👇👇

🛍️ Moitos dos establecementos...

[Read more]
May
30

Non precisa presentación...é o cartaz das XXI Festas do Barrio de San Pedro!

Non precisa presentación...é o cartaz das XXI Festas Barrio de San Pedro! 🎉🎉

Artista do Cartaz: Sol Álvarez @sol_paradise 💙

💗 Cinco días de música, danza, teatro, cabezudes, lectura, contos, ciencia e máis 💗

E...

[Read more]
May
27

Coa vosa axuda xa superamos os 1.000 € 💧🤩

Viva! Viva! Coa vosa axuda superamos os 1.000 € 💧🤩
Axudádesnos a chegar aos 2.000 € esta semana?
Grazas, grazas e mil grazas 💗
Desfruta, partilla e aporta! Somos barrio! 💜✊🏻🏡

[Read more]
May
25
Superado el 20% del objetivo de recaudación en Goteo, ¡bien!
May
24

Cantos de Taberna

Atención, xente á que vos gusta cantar!

🎤 Afinade as gorxas, porque vos queremos ver facendo barrio o XOVES 27 de xuño nunha nova edición dos CANTOS DE TABERNA das XXI FBSP! 🎤

Queres apuntarte como grupo? 👇🏻

📧...

[Read more]
May
23

Primeira xuntanza de Voluntariado

Pero ti... vícheste? 🙃
...

Vícheste esa cara de Súper Voluntarie?? 🥰🥰🥰

Ven pasear esa cariña e esa ilusión á primeira xuntanza de Voluntariado das XXI Festas do Barrio de San Pedro! ✊🏻

**👉🏻 MÉRCORES...

[Read more]
May
22
¡Una semana ya en Goteo! Mira qué nos motiva y a quién nos dirigimos.
May
20

Primeiros días de Campaña! 💧💗

Estamos super alegres da resposta nos primeiros día de campaña do Goteo! Grazas pola acollida 💗 Axudádesnos para que a campaña chegue a todo o Barrio e para que toda a vosa xentiña, amiguis e familia colabore facendo micro...

[Read more]
Gota a gota, donación a donación, ayúdanos a lograr nuestros objetivos (haz clic)
May
18
¿Quieres saber más de nuestra campaña? Nos presentamos.
May
15
Primer par de donaciones, ¡gracias! :)
¡Arranca esta campaña!